Información sobre clubs de lectura, talleres e demais actividades para adultos 2025/2026

Imaxe

Información sobre clubs de lectura, talleres e outras actividades continuadas para adultos (maiores de 14 anos) 2025/2026 da biblioteca

Prazo de inscrición:  comezará o luns 15 de setembro ás 9:00h 

Inscrición presencial ou telefónica nos números de teléfono: 988 78 83 85 / 86.

No caso de esgotar as prazas estableceranse listas de agarda.

CLUBS DE LECTURA

Mañás:

Bonjour! Club de lectura en francés. Todos os luns ás 10:30h. Comezo o 6 de outubro

Club de lectura Retahílas. Martes alternos ás 11:30h (quincenal). Comezo o 30 de setembro

Páxinas Compartidas, club de lectura para xente moza. Sábados alternos ás 11.30 h (quincenal) Comezo o 4 de outubro


Tardes:

Club lectura en francés. Todos os luns ás 18:30h. Comezo o 6 de outubro

Club de lectura en inglés. Todos os martes ás 19.00h (imprescindible nivel B1). Comezo o 7 de outubro. 

Club de lectura Luz de Gas. Martes alternos ás 19:30h (quincenal). Comezo o 7 de outubro.

NOVO! Club de lectura sobre medio ambiente “O micelio”. Terceiro martes de cada mes ás 19.00h. Comezo o 23 de setembro

Club de lectura Ágora. Venres alternos ás 18:00h (quincenal). Comezo o 10 de outubro

Club lectura en galego. Mércores alternos ás 18:00h (quincenal). Comezo en outubro por confirmar a data

Club de lectura de poesía. Mércores alternos ás 17:30h (quincenal) . Comezo o 22 de outubro

Club de lectura de cómic da Biblioteca Nós. Para maiores de 14 anos. Reunións mensuais. Mércores ás 19:00h. Comezo o 17 de setembro.

Club de lectura de novela negra. Xoves alternos ás 17:30h (quincenal). Comezo o 25 de setembro

 

OBRADOIROS E OUTRAS PROPOSTAS

Mañás:

Curso de ilustración cómic. 3º sábado de cada mes ás 11.30h. Para maiores de 12 anos Comezo o 18 de outubro

Club de escrita creativa de adultos. Xoves alternos ás 11:30h (quincenal). Comezo o 2 ou 9 de outubro, segundo grupo (hai dous)

Obradoiro de Diarios creativos. Sábados alternos ás 11.30h (quincenal). Comezo o 27 de setembro

Tardes:

Curso de Historia da arte. Todos os martes ás 17:30h. Comezo na segunda quincena de outubro (comunicarase o comezo) 

Club de cinema. Actividade en colaboración co Cineclub Padre Feijoo. O segundo martes de cada mes ás 19.00h. Comezo en outubro pendente de confirmar

Club de escrita creativa xove. Para persoas entre 14 e 30 anos. 14 sesións aproximadamente quincenais. Mércores ás 19.00h. Comezo o 8 de outubro

Club de xogos de mesa. Dende 14 anos. Dúas reunións:

Un mércores ao mes ás 17:00h. Comezo o 24 de setembro

Un sábado ao mes ás 10:30h. Reunión 11 de outubro

Club de debate Subir a por aire. Todos os xoves ás 19:00h. Comenzo o 25 de setembro

Faladoiro en Inglés. Todos os xoves ás 19:30h. Comenzo o 2 de outubro

NOVO! Espazo Comunitario de Reflexión Ourense E.C.R.O sobre saúde mental. Último mércores de cada mes ás 18.30h. Comezo o 24 de setembro

NOVO! Obradoiro de calceta. Todos os mércores ás 17.00h. Comeza o 24 de setembro

NOVO! Curso de Unified Mindfulness. Os luns ás 19.00h durante os meses de outubro e novembro. Comezo o 6 de outubro ás 19:00h. Presentación o 15 de setembro ás 19:00h

NOVO! Conversa en galego. Os xoves ás 19.00 h (quincenal). Comezo o 2 de outubro.