10 de Xaneiro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
Pakolas
Celebramos o Día da usuaria e do usuario con este espectáculo de Pakolas. Unha proposta musical-narrativa que conta e canta a historia da meiga Ecoralia.
Esta meiga mostraranos, a través das súas cancións e contos, a importancia de consumir alimentos ecolóxicos para coidar o medio ambiente, combater o cambio climático e garantir o benestar animal. Unha nova aventura didáctica e rockeira desbordante de imaxinación e aprendizaxe.
Dirixido a público familiar.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.